Thursday 25 de April de 2024

Compostela acolle un congreso de teoloxía sobre reconciliación e misericordia celebrado no marco do ano xubilar extraordinario


O encontro, organizado polo Instituto Teológico Compostelano, conta coa colaboración de Turismo de Galicia

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, asistiu ao congreso ‘Reconciliación e misericordia. Perspectivas teolóxico-pastorais sobre o Sacramento da Penitencia’ que acolleu Santiago de Compostela.

O encontro, organizado polo Instituto Teológico Compostelano (ITC) e que conta coa colaboración de Turismo de Galicia, contou coa participación entre outros expertos do arcebispo emérito de Barcelona, monseñor Lluis Martínez Sistach.

O obxectivo do congreso era presentar o estado actual do sacramento da Penitencia identificando os principais campos de debate neste ano no que o Camiño de Santiago e Compostela viven un fito histórico coa celebración do Xubileo Extraordinario da Misericordia.

Grazas a esta celebración, a Catedral de Santiago abriu por primeira vez na historia e por expreso desexo do Papa a Porta Santa fora dun Ano Santo.

Este fito constitúe un gran reclamo tanto para o Camiño de Santiago como para Compostela e Galicia en xeral e xa está contribuír coas boas cifras que Galicia vén rexistrando tanto no que respecta á chegada de peregrinos como de turistas, contribuíndo así a continuar conseguindo máximos históricos no sector turístico.

Esta celebración contribuirá, así, a acadar o ambicioso obxectivo fixado pola Xunta de Galicia de conseguir superar neste 2016 os cinco millóns de viaxeiros aloxados na nosa comunidade, e a acadar as espectaculares cifras de peregrinos do último Ano Santo 2010.

Desde a Xunta de Galicia está a traballarse para ofrecer tanto aos galegos como aos turistas e peregrinos que nos visiten neste período de celebración unha programación especial que achegará un valor engadido á oferta da nosa comunidade.